Foz acolle un curso formativo para coidadores de persoas con demencias

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
24 Nov 2019

Foz será sede dunha nova edición da formación Xuntos nos Coidados, dirixida a coidadores de persoas con demencias neurodexenerativas coma o alzheimer. Esta formación será impartida por Afalu os días 26 e 27 de novembro na Casa da Cultura de Foz, en horario de 17.00 a 19.00.

É unha formación organizada e avalada por Fagal Comunicación Alzheimer Galicia e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Foz

Para facer a inscripción chamar ó teléfono 982 133 566, 982 580 610 ou no correo electrónico afan.burela@gmil.com.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16767001152039