Foz acolle mañá o evento artístico e solidario Movemento artístico pola Paz

AMariñaXa
Na tarde de mañá celebrarase o evento artístico e solidario Movemento artístico pola Paz. Os actos celebraranse na Praza Salgado Toimil
MOVART A MARINA EN FOZ
24 sep 2021

Na tarde de mañá celebrarase o evento artístico e solidario Movemento artístico pola Paz, no que participarán o pintor Daniel Carreira, a agrupación O Feitizo, o músico Felipe Sánchez, o poeta Javier Agrelo e o grupo Toxo Guayaba; ademais renderase unha pequena homenaxe á poeta Angelina Gatell facendo un recitado do Poema del Soldado. 

Os actos celebraranse na praza Salgado Toimil ou, no caso de que chova, no salón de actos da propia Casa da Cultura.

Coa intención de recadar fondos destinados a colaborar coas Ongs a prol das cales organízase esta velada, están á venda, en distintos establecementos de Foz que colaboran con este proxecto (Kukadas, O pelolo, Bar78, Marexada, Agarimo, Libraría Bahía, Augas Santas, Ofifoz e Panadería Bahía), unha composición orixinal que inclúe un debuxo de Daniel Carreira e un poema de Javier Agrelo. A composición poderase adquirir facendo unha aportación de 2 Euros. Todo o diñeiro recadado será integramente destinado ás citadas ONGs. Esta composición poderase adquirir tamén o mesmo día durante a celebración do evento.

MOVART A MARINA EN FOZ 1
0.15613412857056