Foz acolle hoxe a primeira das charlas para falar sobre os biorresiduos
O Estado propuxo unha modificación da Lei de Residuos na que se obriga aos concellos de máis de 5.000 habitantes a facer a recollida separada da fracción orgánica de residuos domésticos, a partir do 31 de decembro de 2020, e no resto dos casos, antes do 31 de decembro do 2023.
Así o Cenima de Foz acollerá diferentes charlas para falar sobre a recollida selectiva dos chamados biorresiduos. Serán os días 21 e 22 de setembro e 19 e 20 de outubro ás 19.30 horas.
Proximamente implantarán o colector marrón para a recollida de biorresiduos, dentro da campaña Recollida Selectiva de Orgánicos na Mariña Lucense.
Con esta iniciativa búscase conseguir os máis altos niveis de reciclaxe dos desperdicios domésticos e avanzar hacia un modelo de xestión de residuos máis eficiente e na liña marcada pola chamada economía circular que aboga por darlle unha nova vida aos residuos convertíndoos en recursos antes da súa reincorporación ao ciclo productivo.