Foz acolle a XX Rota Montes da Mariña cun percorrido renovado e probas especiais

Foz
AMariñaXa
A cita organizada por Os Correcamiños 4x4 celebrarase o 1 e 2 de novembro con dous días de aventura e espectáculo no monte
os-correcaminos-4x4-foz
27 Sep 2025

Foz prepárase para vivir unha fin de semana de motor e natureza coa celebración da XX Rota Montes da Mariña, organizada polo club Os Correcamiños 4x4. O evento terá lugar os días sábado 1 e domingo 2 de novembro, reunindo afeccionados ao todoterreno de diferentes puntos de Galicia e de fóra da comunidade.

Na xornada do sábado disputarase a clásica rota, que este ano presenta un percorrido renovado nun 60%, con preto de 90 quilómetros de pistas e camiños que poñerán a proba tanto a resistencia dos vehículos como a habilidade dos condutores.

O domingo será a quenda do Minitrack Especial de Brea, un trazado máis curto, de aproximadamente 20 quilómetros, pensado para ofrecer intensidade e espectáculo. Esta proba adoita concentrar numeroso público, xa que permite ver de preto a destreza dos participantes nos terreos máis técnicos.

Dende a organización destacan que se trata dunha cita xa consolidada no calendario do motor galego, que combina “aventura, compañeirismo e respecto polo medio natural”, converténdose tamén nun atractivo turístico para a comarca da Mariña.

⚙ Configurar cookies
0.10411310195923