Foron entregadas as primeiras cestiñas dos arrolos a catro familias ribadenses

AMariñaXa
A piques está de rematar na avenida de Galiza a pintura mural de Joseba Muruzábal, que lle foi encargada polo Concello
2023 entregadas cestiñas arrolos
1 Dec 2023

Foron entregadas as primeiras cestiñas dos arrolos a catro familias ribadenses. "Con elas queremos dar a benvida a todos os bebés que tiveron a gran sorte de nacer en Ribadeo”, sinalou o alcalde.

O rexedor tivo palabras de agradecemento para as familias que deciden iniciar o seu proxecto de vida en Ribadeo: “desde o Concello queremos agradecer a todas as familias que apostades por Ribadeo, que queredes establecer o voso proxecto de vida, o voso proxecto familiar aquí en Ribadeo. Desde o Concello, desde o cariño, con este pequeno agasallo queremos formar parte desta etapa tan feliz e tan entrañable para vos e sen lugar a dúbidas para Ribadeo”.

E engadiu: “grazas á asociación Saúde Mental A Mariña por elaborar esta cestiña dos arrolos con tanto agarimo e con tanto mimo. Grazas a todos por facer máis grande a Ribadeo”.

280923 Foto Saude Mental Ribadeo 2
0.18866300582886