Fórnea, en Trabada, dá a coñecer o programa das súas patronais
AMariñaXa
A romaría comeza o venres 13 cunha cea a partir das 22.00 horas
8 sep 2024
Fórnea, parroquia de Trabada, prepárase para celebrar as súas festas na honra da Nosa Señora do Campo e Santo Estevo neste mes de setembro. A romaría comeza o venres 13 cunha cea a partir das 22.00 horas, cuxos tíckets poden adquirirse antes do día 11 e un menú a base de paella mixta, codillo, sobremesa, viño, auga e café.
A continuación haberá verbena, dende as 23.00 horas, con La Ola ADN e dúo Belinda. O sábado haberá misa, procesión e sesión vermú da man do grupo Lume que tamén amenizará a sesión da noite acompañado da disco móbil The Sound Project.