Fórnea, en Trabada, contará cunha nova torre de comunicación para mellorar a cobertura móbil

AMariñaXa
A infraestrutura entrará en funcionamento este mes, segundo avanzou o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias
torre-telecomunicacion-mobil-antena
5 Mar 2025

A nova torre de comunicación instalada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en Fórnea estará operativa este mes, segundo anunciou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Esta infraestrutura permitirá mellorar a cobertura móbil no municipio de Trabada.

Arias mantivo unha reunión co portavoz do PP no concello, José María Fernández, para abordar esta e outras iniciativas desenvolvidas polo Goberno galego no municipio. Entre elas, destacou a mellora do firme da estrada LU-132 no núcleo urbano, cun investimento de 91.000 euros, así como as axudas para a renovación da cuberta do pavillón polideportivo e a cubrición do parque infantil, que suman preto de 96.000 euros.

Ademais, destináronse 55.000 euros ao acondicionamento da vía de acceso aos núcleos de A Trapa e A Órrea a través do Plan Marco. A Xunta tamén financia con máis de 230.000 euros o Servizo de Axuda no Fogar e con máis de 46.000 euros os servizos sociais comunitarios a través do Plan Concertado.

⚙ Configurar cookies
0.70954298973083