Formoso reivindicou en San Cibrao a xestión do goberno central que garantiu a continuidade de Alcoa

AMariñaXa
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou a xestión do goberno central que garantiu a continuidade de Alcoa
Formoso Alcoa 120723 01
12 Xul 2023

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou a xestión do goberno de España que garantiu a continuidade da planta de Alcoa en San Cibrao. Así o dixo logo dun encontro co Comité de Empresa da factoría xunto coa candidatura do PSdeG por Lugo encabezada por José Ramón Gómez Besteiro e o secretario de Emprego do PSdeG e delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco.

O responsable socialista sinalou que o mantemento da planta grazas ao acordo a tres bandas de goberno, traballadores e empresa constitúe un “modelo de como xestionar unha crise” que se impuxo á campaña da Consellería de Industria en contra do acordo para investir 180 millóns de euros e reactivar a planta en 2024.

Foron os traballadores e traballadoras da planta, da man do goberno de España, os que “decidiron apostar polo futuro da Mariña e polo futuro industrial de Galicia” reiventando o complexo cun investimento para modernizar a planta e garantir a súa continuidade nas próximas décadas.

Sinalou que o acordo a tres bandas concluíu “dunha maneira que o PP non sabe conxugar, que é a concertación social” e o acordo entre tódalas partes. Contrastou a aposta pola continuidade dos postos de traballo e o talento da xuventude coa falla de xestión da Xunta, responsable dun sector industrial “que adoece” e que segundo o CES supuxo a perda de 80.000 postos de traballo nos últimos 10 anos.

Tripla traizón á Mariña

O cabeza de lista dos socialistas pola provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou o compromiso de Pedro Sánchez co futuro dunha factoría que move o 30 por cento da economía da provincia e que forma parte da que sinalou como “tripla traizón do PP á comarca” da Mariña.

O responsable socialista sinalou a falta de apoio do goberno de Feijóo para procurar o futuro de Alcoa, ao que responderon co “señuelo” da planta de Altri que finalmente proxectaron fora da comarca e co peche de Vestas, “onde a Xunta non fixo absolutamente nada e mirou para outro lado”.

Gómez Besteiro explicou que a comarca da Mariña é a mostra dos “déficits da política de Feijóo” na súa etapa como presidente da Xunta, que contrastan coa “implicación do goberno de Pedro Sánchez”. “O goberno de Pedro Sánchez cumpre e Feijóo incumpre coa Mariña”, resumiu.

0.093513965606689