Formalizado o contrato para a rexeneración da zona dunar da praia de Arealonga en Barreiros

AMariñaXa
Formalizado o contrato para a rexeneración da zona dunar da praia de Arealonga en Barreiros. investirá máis de 740.000 euros
Arealonga Barreiros
28 Mar 2023

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente vén de publicar no Boletín Oficial do Estado a formalización do contrato para a eliminación de especies exóticas, restauración con autóctonas, demolición de construcións varias e adecuación para o uso público do sistema dunar da praia de Arealonga, en San Miguel e Reinante.

Estas actuacións, consensuadas polo goberno municipal e a delegación provincial de Costas, que xa foron aprobadas polo pleno municipal, ascenden a un importe de 459.620,00 euros.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “actuacións de recuperación dun sistema dunar cun amplo valor ambiental que se atopa en estado de dexeneración, debido á existencia de plantas alóctonas e da existencia de construcións que o invaden e provocan o seu deterioro.”

Neste sentido, pon en valor os traballos de recuperación medioambiental en praias que se están a realizar no litoral, freando a degradación do mesmo e contribuíndo á convivencia dos usos públicos dos espazos co respecto á diversidade medioambiental.

Os traballos en Coto-Balea iniciaranse nas vindeiras semanas.  

Esta actuación na zona de San Miguel e Reinante súmanse aos traballos que se iniciarán nas vindeiras semanas para a rexeneración do sistema dunar das praias de Coto-Balea, en Benquerencia. Ao igual que no caso de Arealonga, pretende a eliminación de especies exóticas, como a herba da pampa, e a rexeneración con autóctonas; ao tempo que se actuará sobre edificacións existentes para o seu menor impacto no medio. Esta actuación foi adxudicada en 287.210,00 euros.

Ana Ermida agradeceu ao Servizo de Costas “o interese mostrado pola recuperacións dos espazos naturais de Barreiros e a súa posta en valor dun xeito respectuoso co medio ambiente e a posta en marcha dos trámites necesarios para que a  recuperación dos mesmos sexa unha realidade.”

0.15863299369812