Foi presentado o proxecto de construción do Dique de Abrigo no Porto de Morás de Xove

AMariñaXa
Xove contará así cunha nova infraestructura portuaria na zona de Morás, que permitirá alcanzar un maior desenvolvemento
construción-do-Dique-de-Abrigo-portiño-de-Morás-Xove
7 Out 2024

Despois de moitos anos de loita e tramitación administrativa, foi presentado no Portiño de Morás, o proxecto de construción do Dique de Abrigo para este porto de Xove.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo alcalde do municipio, Demetrio Salgueiro, o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e diversos responsables da consellería de portos participaron na presentación do proxecto, que tamén foi elaborado por concelleiras municipais e pescadores de Morás.

Xove contará así cunha nova infraestructura portuaria na zona de Morás, que permitirá alcanzar un maior desenvolvemento, xa que disporá dunha maior capacidade de atraque para dar refuxio no porto a embarcacións pesqueiras e de recreo. en total, construirase un dique de máis de 200 metros de lonxitude distribuído en dúas alineacións.

A inversión ascenderá a máis de tres millóns de euros e contará cunha partida presupuestaria específica de Portos de Galicia para o ano 2025.

Antecedentes do proxecto

Os inicios do proxecto remóntanse ao ano 2007, cando os pescadores profesionais solicitaron a Demetrio Salgueiro, recén chegado á Alcaldía do Concello, un dique de abrigo para mellorar a seguridade das suas embarcacións no Portiño de Morás.

Tras varios meses de xestións, o Ministerio asinaba unha Orde Ministerial renunciando á titularidade dos terreos e da lámina de auga e o seu paso a Costas do Estado. Este paso previo era necesario para a continuación poder adscribir a zona a Portos de Galicia para poder executar as obras.

Paralelamente, leváronse a cabo negociacións con Alcoa para a venta da superficie en terra afectada, xa que era da súa propiedade. Esa negociación culminou cunha venda ao Concello polo simbólico prezo dun euro.

Seguidamente, Portos de Galicia redactou o proxecto inicial, que ademais do ansiado dique de abrigo, xa contemplou a instalación de pantaláns tanto para profesionais como para todas as embarcacións deportivas, co fin eliminar os fondeos e reorganizar a zona portuaria. Nese momento, o proxecto pasou da única construción dun abrigo ao de construción dun Porto Deportivo.

Os anos seguintes "foron difíciles", di o alcalde, xa que o proxecto sufriu varias modificacións para dar cumplimento aos requirimentos expostos por Costas do Estado para entregar os terreos a Portos de Galicia, todo isto acompañado de estudos ambientais, arqueolóxicos, etc.

Por fin, tras cumplir todos eses requirimentos, a Directora Xeral de Costas asinaba o documento de adscripción á Xunta, polo que queda desbloqueada a actuación e tras uns pequenos axustes no proxecto, solicitados no documento de adscrición, nos que xa se está a traballar; Portos, cumplindo o seu compromiso e do propio Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, poderá licitar as obras en breve.

Así, cumplirase a promesa realizada no 2007 e tanto os profesionais como os afeccionados disporán dunhas instalacións máis modernas, máis cómodas e, sobre todo, máis seguras, tanto para as súas embarcacións como para eles mesmos.

0.18089485168457