Foi inaugurada en Lourenzá a exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos de espírito

AMariñaXa
Foi inaugurada a exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos de espírito. Percorre a vida e obra do autor laurentino
exposicion editorial galaxia lourenza
exposicion editorial galaxia lourenza
11 Maio 2023

Foi inaugurada a exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos de espírito, producida por Editorial Galaxia coa colaboración da Fundación Penzol e a Real Academia Galega para dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2023 en Lourenzá.

No Museo de Arte Sacro de Lourenzá, que acollerá a exposición durante os próximos meses. Esta exposición enmárcase na programación de máis dun centenar de accións que o Goberno galego, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG, en colaboración con numerosas empresas, entidades, administracións locais e editoriais, impulsan para celebrar o 60 aniversario das Letras Galegas e homenaxear a Francisco Fernández del Riego.

0.09736180305481