Fixan as datas da III Ruta BTT Auga Santas de Barreiros

AMariñaXa
Trátase dunha marcha cicloturista non federada e non competitiva, aberta a todos os afeccionados á bicicleta de montaña
A. D. Augas Santas Barreiros ruta btt
5 Out 2024

A AD Augas Santas fixa as datas da III Ruta BTT Auga Santas en San Miguel de Reinante, que será o próximo 17 de novembro de 2024, ás 9.30 da mañá. Trátase dunha marcha cicloturista non federada e non competitiva, aberta a todos os afeccionados á bicicleta de montaña. Percorrerá o Concello de Barreiros, pasando por lugares emblemáticos como os miradoiros de Penabor e Comado, así como polas inmediacións do San Estevo do Ermo e a súa capela, e polo xacemento de A Roda en Barreiros.

Este ano a ruta será de 34 km 1100+. O percorrido está deseñado para realizarse nun 90% por camiños e pistas forestais ben sinalizadas, contando tamén con algúns tramos técnicos e pistas algo máis deterioradas, ofrecendo así un reto interesante para os participantes. Esta actividade ofrece unha oportunidade única para gozar da beleza natural do Concello de Barreiros, ao mesmo tempo que se practica deporte nun ambiente non competitivo e de desfrute colectivo. Os interesados poden realizar a súa inscrición en CCNorte ata o 13 de novembro.

Aínda que a marcha contará cunha única distancia, nalgúns puntos haberá dúas variantes sinalizadas para que os participantes poidan elexir en función da súa destreza. O tráfico estará aberto á circulación de vehículos, polo que nos cruces con estradas será imprescindible seguir o código de circulación para garantir a seguridade de todos. A organización marcará o percorrido con cintas, letreiros e pintura biodegradable para facilitar a orientación dos participantes. Ademais, haberá voluntarios nos puntos máis comprometidos da ruta para ofrecer asistencia e orientación.

 

btt augas santas 2024
0.15067410469055