Finalizan os traballos de renovación de Escourido

AMariñaXa
Realizouse o pavimentado, pintado de marcas viais, sinalización e canalización de augas
casa-do-concello-de-viveiro
28 Dec 2024

Finalizaron os traballos de pavimentado, pintado de marcas viais, sinalización e canalización de augas en Escourido. Así o anunciou a Tenencia de Alcaldía de Viveiro. As obras neste lugar da parroquia de Covas contaron cun orzamento total de 85.757,35 euros, financiado a través dunha subvención da AGADER, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A renovación da vía permite que esta sexa unha alternativa á estrada que vai cara a praia de Abrela. Ademais, a canalización de augas impedirá que os regos aneguen a vía, como sucedera anteriormente.

A tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras, Míriam Bermúdez, encadra esta obra "no plan de mellora de camiños municipais que se está a desenvolver dende concellerías de Obras e Medio Rural".

"Con este plan buscamos poñer en valor o rural de Viveiro e a xente que vive nel, renovando e ampliando os servizos dos que dispoñen", sinala a tenenta de alcaldesa.

0.17106604576111