Finaliza unha nova edición do programa, Velando pola miña saúde integral, da Asociación Saúde mental

AMariñaXa
Esta semana finaliza unha nova edición do programa, Velando pola miña saúde integral, que chega neste ano a súa terceira edición.
28 Dec 2022

Esta semana finaliza unha nova edición do programa, Velando pola miña saúde integral, que chega neste ano a súa terceira edición.  Este é un programa que contempla o apoio para o coidado da saúde mental, saúde física e atención psicosocial das usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental da Asociación Saúde Mental A Mariña. Para prestar este apoio as actuacións contempladas  foron o acompañamento  en citas médicas, acompañamento na xestión de citas e trámites medicos, supervisión  do cumprimento das indicacións médicas e dos pastilleiros  e desenvolvemento de talleres  de Educación para a Saúde.

Entre os resultados obtidos destaca o mantemento da estabilidade clínica do 100% das participantes no programa e o intenso apoio prestado no acompañamento en citas médicas e na xestión de citas e trámites médicos que superou a cifra de 300 acompañamentos. Podemos decir que  Velando pola miña saúde integral é un programa  que incide moi positivamente na calidade de vida das participantes e se converte nun apoio fundamental no seu día a día.

Este programa está a ser cofinanciado, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola Secretaría Xeral da Igualdade a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2021.

0.19619679450989