Finaliza a tempada da Liga de Billarda no campo da festa de Remourelle

Por Daniel Rodríguez
Remata a tempada da LNB da conferencia NorLeste no campo da festa de Remourelle nunha tarde algo fría mais sen apenas choiva.
Había emoción para ver si Charli sería quen de desbancar a Sachas do liderado visto como nas últimas xornadas se foi achegando ata quedar a un só punto del.
O zurdo dos Carabullo estivo máis acertado co Troita Brava e pechou a tarde cun vistoso golpe dobre, co que acadou os cinco puntos que o facían campión da tempada. Sachas rematou segundo e Albino terceiro.
Para o aberto, houbo triplo empate que finalizou con Sandonguero, David Navallo e o propio Charli no podio.
En donas as musicais billardeiras Geni, Dori e Aroa foron as raíñas en Remourelle e como gañadoras da tempada quedaron Alba, Geni e Cris.
En infantís, Mateu xa tiña seguro o campionato e Diego e Mateo foron os seus acompañantes.
Quedaron por este orden Troitas Bravas, Billardeiros Musicais e Carabullo tanto na xornada como no campionato.
E finalmente, aínda que se buscaron os varados, ninguén foi quen de desbancar a Markytos como campión da tempada.
Emotivas palabras de Xermán Viluba e de Dani Vega en lembranza de SuSo, verdadeira alma máter da billarda, na entrega de premios, e remate coa torrezmada de costume.
O vindeiro domingo 25 de maio, será o III Gran Aberto Nacional en Santiago.