Fin de semana de cultura marítima en Viveiro coas xornadas Vivemar

AMariñaXa
Vivemar organiza unha sesión colectiva de traballo no III Encontro da cultura marítima da Mariña. será o 22 de xullo
cartel Vivemar2023
cartel Vivemar2023
17 Nov 2023

Logo da Charla 'A obra mariñeira de Xosé Conde Corbal' a cargo de Antón Mascato poderase gozar da exposición do autor ata o domingo pola mañá.

Hoxe, venres, está adicado á conservación dos alimentos con dúas charlas , ás 19.00 horas será 'A conservación da pesca, do pasado ao futuro' con Carlos Nuevo, cronista oficial do Concelllo de Viveiro e ás 20.30 horas 'As salgadeiras e conserveiras', con Xosé María Leal Bóveda, na Sala Exposicións da Biblioteca de Viveiro.

O sábado chega o día grande do Vivemar con varias actividades , ás 11.00 será Vivemar: Declaración de intencións. Presentación de proxectos: Escola de navegación, Inventario de Patrimonio. Participación de asociacións e colectivos. Novas iniciativas...Con Lucas Requeixo e Antón Mascato.

Xa ás 12.00 horas farase a presentación 'Nova Ardentía', con Emilio Ínsua, Antón Niñe e o Capitán Pino, ás 12.30 horas será a quenda da conversa con Francisco Fra, arredor do estaleiro de San Cibrao, con Emilio Ínsua e Antón Mascato.

E xa pola tarde ás 18.30 haberá un encontro de colectivos e persoas interesadas na problemática do plástico nos ríos e no mar como 'Globo Marruán. Lixo feito Arte' historia dun exemplo local ou 'Outro Mundo é posible' de Manoel Santos, Coordinador de Mobilización de Greenpeace en Galicia.

Na xornada do domingo a programación sufre variacións debido á manifestación convocada pola defensa da saúde na Mariña, así que ás 10.00 horas será a limpeza voluntaria e colectiva de lixo da ría de Viveiro, coordina Prato_DO, que partirá do monumento das Minas da Silvarosa na Misericordia.

E xa ás 12.30 horas na praza Maior falarase da 'Historia ou historias que viñeron pola mar. Roteiro guiado polo Viveiro vello' con Suso Martínez, guía de turismo e historiador.

programa Vivemar 2023
cartel Vivemar2023
0.075329065322876