Festas, xogos, excursións, deporte ou obradoiros son as actividades que ofrece o Concello de Xove para este verán
O alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de xuventude Cristina Iglesias presentaron o programa de actividades deportivas e lúdicas do verán. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc.
As actividades que se van desenvolver serán as rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o martes 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 12 de xuño.
Os Encontros para saúde: obradoiro de memoria, dirixido a persoas maiores de 60 anos, e que se vai desenvolver do 3 ata o 31 de xullo. As inscricións deberán facerse do 15 ao 28 de xuño.
Obradoiro tecnolóxico de verán, un curso de informática dirixido a nenos de 1º de primaria ata 4º da ESO. Vaise desenvolver na Aula de Informática do Centro Xuvenil do 4 ao 10 de agosto. Inscrición ata o 28 de xuño na OMIX.
O programa Móvete no verán, adicado a nenos e rapaces dende 3 anos en diante: xogos, chiquirritmo, sesións de baile moderno e full body e tamén a adultos: ximnasia para maiores e pilates. Inscricións ata o 28 de xuño na OMIX .
Curso pádel no verán na pista municipal, que será do 3 de xullo ao 18 de agosto, a partires de 6 anos. As inscricións ata o 28 de xuño na OMIX.
Iniciación ao rugby a partir de 6 anos, que será os días 10, 17, 24 e 31 de xullo e 7 e 14 de agosto en horario de 10:30 a 12:00 h no campo de herba artificial. As inscricións ata o 28 de xuño na OMIX.
Xove concilia verán, que será do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria. As inscrición son ata o 22 de xuño na OMIX.
Programa Mañás activas, durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. Inscricións ata o 28 de xuño na OMIX.
Programa Xuventude que acolle campamentos, kartódromo, viaxes e escape room. A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade. Os 12, 13 e 14 de xullo será o campamento en Morás e o 28 de xullo haberá unha viaxe ao kartódromo de Tapia e ao labirinto de Rinlo O. Ambas actividades para nenos a partir de 4º de primaria. O 5 de agosto será a viaxe ao aquapark de Cerceda para nenos a partir de 1º de ESO e o 18 de agosto unha Escape Room no Centro Xuvenil a partir de 2º de primaria.
Programa Xuventude en Roq Sport con prazas limitadas será parque de aventura o 5 de xullo, rapel o 19 de xullo, kayaks o 2 de agosto e paint ball o 9 de agosto.
Programa Xuventude en A Balea Verde, con prazas limitadas. Vaise desenvolver os días 7 e 21 de xullo, e 4, 11 e 25 de agosto, incluindo: kayaks, deportes de praia e snorkel. Inscricións na OMIX ata 2 días antes de cada actividade.
Os domingos a remollo na praia de Lago, os días 2, 9, 16, 23 e 30 de xullo, e 6, 13 e 20 de agosto. Con saídas en kayak e padel surf, en horario de 16.00 a 19.30 horas. As inscrición na praia media horas antes da actividade.
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Delegacións de Xuventude e Deporte, Servicios Socias e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e de Xuventude.