Festas na Xunqueira, no Concello de Viveiro
O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión.
As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.
O venres 9 a partir das 21.00 horas haberá unha cea a base de xamón cocido, a 6 euros a ración, e empanada, a 3 euros, que estará amenizada por Verónica Cambón.
O sábado 10 a festa comezará coa sesión vermú do grupo Superstar, e ás 17.00 horas os asistentes desfrutarán dunha festa da escuma e o toro mecánico, todo elo coa música de Superstar e o dúo Zafiro.
O derradeiro día, o domingo 11, haberá misa ás 11.00 horas e procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro. Xa ás 13.00 horas poderanse degustas uns pratos de callos, a 6 euros a ración, e da sesión vermú co grupo Vivarium.