Festa de Samaín nas rúas do Casco Histórico de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro invita a gozar hoxe venres 29, e este sábado, 30 de outubro da festa do Samaín nas rúas do Casco Histórico de Viveiro.
samain viveiro 1
29 Out 2021

O Concello de Viveiro invita á cidadanía a gozar hoxe venres 29, e este sábado, 30 de outubro da festa do Samaín nas rúas do Casco Histórico de Viveiro.

As rúas contarán con amenización musical e repartiranse caramelos, cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, para os cativos e cativas que acudan disfrazados aos comercios asociados.

samain viveiro
0.10514903068542