Ferrería celebra as súas festas o 21 de setembro

TerraChaXa | AMariñaXa
Haberá un xantar veciñal e verbena co dúo Eclipse e o DJ Bombardero
festas-ferreria-riotorto
15 sep 2024

A Ferrería celebrará as súas festas na honra a San Antonio o próximo sábado 21 de setembro.

No programa de actos está prevista unha misa solemne ás 13.30 horas seguida dunha procesión e sesión vermú.

A comida veciñal será o acto central e para participar é necesario recoller os tícket na gasolineira antes do día 18. Teñen un prezo de 25 euros.

A verbena estará a cargo do dúo Eclipse e DJ Bombardero.

A organización lembra que o o campo da festa estará cueberto con carpa.

0.092114925384521