Fernándo Suárez valora positivamente o inicio de Ribadeo de Tapeo, que se prolongará ata o 19 de maio

TerraChaXa | AMariñaXa
O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo da primeira fin de semana do XIV Ribadeo de Tapeo, que deu comezo o pasado sábado, e no que participan 45 locais hostaleiros ata o vindeiro 19 de maio.
15 May 2019

O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo da primeira fin de semana do XIV Ribadeo de Tapeo, que deu comezo o pasado sábado, e no que participan 45 locais hostaleiros ata o vindeiro 19 de maio.

O rexedor dixo que “desde o Concello de Ribadeo temos que valorar moi positivamente o inicio desta nova edición de Ribadeo de Tapeo. A verdade é que o tempo acompaña e iso beneficia a que todo o mundo saia máis e consuma un pouco máis nos 45 establecementos que están inscritos nesta nova edición”.

Fernando Suárez manifestou que “ademais hai que valorar todas as actividades que paralela e complementariamente se están planificando e programando ao longo da semana como a gastroxincana, que aínda está o prazo aberto para anotarse. Tamén hai o concerto da Banda Municipal de Ribadeo e o domingo que ven haberá unha sesión vermú na Praza de Abastos”.

O alcalde engadiu que “todo o mundo pode descargar a app que temos deseñada, tanto para móbiles android como para iphone, para que poidan ver os locais, os horarios, o tipo de tapas, etc… Hai tapas, como estes últimos anos, para celíacos e para vexetarianos, incluso hai tapas elaboradas con produtos locais. Para máis información é boa idea consultar a nova web que temos tapeo.ribadeo.gal, onde tamén aparecen todas as actividades que hai, para que todo o mundo de Ribadeo e dos concellos da contorna, tanto da Mariña como do Occidente asturiano, non deixen de vir a Ribadeo a probar as tapas desta nova edición de Ribadeo de Tapeo”.

0.13257813453674