Feliz Día Nacional de Galicia

TerraChaXa | AMariñaXa
O Día Nacional de Galicia, celébrase o día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
2560px Santiago._Fuegos_del_Apóstol_2012_(7640757744)
25 Jul 2019

O Día Nacional de Galicia, celébrase o día da festividade do apóstolo Santiago o Maior. As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala, que acordaron celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte, impoñéndose así ás teses defendidas por Antón Villar Ponte para celebralo o 17 de decembro, considerado daquela o aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo.
Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continuaron esta convocatoria, e en Galicia o galeguismo concéntrase ao redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Ademais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso Alba de Groria de Castelao en 1948.
En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Ata mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega.
En 2013 suspendéronse ditas festividades debido ao accidente ferroviario acontecido en Angrois, preto de de Santiago de Compostela, o día anterior.
CELEBRACIÓNS. As celebracións adicadas ao Apóstolo, teñen unha duración de dúas semanas aproximadamente en Compostela, aínda que en todas as cidades e vilas celebrase con actividades culturais moi diversas, xa que é o patrón de moitas destas vilas. Os días grandes son o 24 e 25 de xullo. En Santiago de Compostela a noite do 24, lánzanse os espectaculares lumes artificiais na honra ao Apóstolo, á vez que se queima o gran castelo de pirotecnia que imita a fachada gótica da Catedral. O 25 de xullo, celébrase a misa solemne na Catedral, e faise a tradicional ofrenda. Xa o 31 de xullo ponse fin a estas festas con outro espectáculo de lumes artificiais.
ANO SANTO. Cando o 25 de xullo coincide en domingo, celébrase o Ano Santo Compostelano ou Ano Santo Xacobeo. Este feito repítese en ciclos de 6, 5, 6 e 11 anos. O ano 2021 será Ano Xubilar, é dicir, o día de Santiago Apóstolo cadrará en domingo. Nestes anos a concentración de peregrinos chegados de todas as partes do mundo é aínda maior en Santiago de Compostela.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14060997962952