'Fauna esencial' chega a Alfoz con 28 impresionantes fotografías de Ezequiel Martínez

AMariñaXa
A mostra, que se inaugurará o 27 de febreiro, promoverá a reflexión sobre a importancia da biodiversidade e a súa conservación
abanca-afundacion-alfoz-exposicion-castelo-2025
19 Feb 2025

Afundación, ABANCA e o Concello de Alfoz asinaron un convenio de colaboración para a realización da exposición fotográfica 'Fauna esencial'. O acto contou coa presenza da alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Carlos Teijeiro; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

A exposición «Fauna esencial» inaugurarase o vindeiro 27 de febreiro no Castelo de Castrodouro, onde estará aberta ao público os xoves, venres e sábados de 15.30 a 18.30 h, e os domingos de 10.30 a 14.00 h e de 15.30 a 18.30 h.

Esta colaboración enmárcase dentro do proxecto 'Corriente cultural', que utiliza o arte como ferramenta esencial para promover o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación e a Obra Social de ABANCA amplían a oferta cultural en Galicia, levando as actividades artísticas a diferentes localidades galegas e desenvolvendo as mesmas no seu entorno.

A EXPOSICIÓN 'FAUNA ESENCIAL'

A exposición 'Fauna esencial' é unha invitación á acción e á reflexión para valorar a diversidade da vida salvaxe e recoñecer a súa importancia para a sustentabilidade do noso planeta. A mostra pretende concienciar sobre a responsabilidade que temos na súa conservación, nun mundo cada vez máis comprometido coa preservación do medio ambiente.

A mostra presenta un percorrido pola biodiversidade da nosa fauna a través de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez, fotógrafo especializado en retrato de natureza. As imaxes, acompañadas de textos explicativos, abordan as características biolóxicas das especies, os seus hábitats, costumes, alimentación, distribución xeográfica e os perigos aos que se enfrontan. A colaboración co Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, Naturnova, permitiu que os textos fosen rigorosos e accesibles para todos os públicos.

A exposición amosa retratos de especies representativas da Península Ibérica, como o oso pardo, a cegoña, o voitre leonado, o gamo, o cervo, a curuxa ou o aguia imperial.

0.13343811035156