Farase a proba do Covid-19 a todos os residentes e traballadores do xeriátrico de Foz

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Sergas fará a proba do coronavirus a todos os residentes e traballadores do xeriátrico de Foz, tal e como lle requiriu o Concello.
31 Mar 2020

O Sergas fará a proba do coronavirus a todos os residentes e traballadores do xeriátrico de Foz, tal e como lle requiriu o Concello.

O alcalde focense, Fran Cajoto, acaba de dar a coñecer que “finalmente, o Sergas accedeu a facer a proba do COVID-19 a todos os residentes e traballadores da residencia de maiores de Foz, tal e como lle requiriu o Concello”.

O rexedor municipal explica que “son momentos complicados, especialmente para as familias, que non poden estar xunto dos seus por precaución e para evitar contaxios. Púxenme en contacto con todas as autoridades sanitarias e de responsabilidade ante a posibilidade de que o número de contaxios sexa maior. Despois dun negativo, do que tiñamos coñecemento o luns pola mañá, confirmáronse novos positivos na tarde noite de onte, polo que estamos moi pendentes da evolución e dos protocolos a seguir, que nos deben facilitar o Sergas e a Consellería de Sanidade”.

Cajoto remata destacando que “o Concello de Foz estará en todo momento ao dispor de familiares e traballadores da residencia para todo aquilo que precisen”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17874693870544