Fallado o Certame de Poesía Infantil Nadal 2021 de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa da resolución do Certame de Poesía Infantil Nadal 2021 na súa fase local. A entrega será o sábado 29
poesia
15 Xan 2022

O Concello de Viveiro informa da resolución do Certame de Poesía Infantil Nadal 2021 na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo, con edición locais nos distintos municipios previas á fase final provincial. 

Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do CEIP de Covas e o de Blanca Loureiro Valledor, do CEP Lois Tobío. 

Ademais, concedéronse tres accésits recoñecendo os textos de Inés Mariño Gómez, Nereida Pereira Louzao e David Güeto Diéguez. 

A entrega de premios desta fase local do certame celebrarase o sábado 29 de xaneiro ás 13:00, na Biblioteca Municipal de Viveiro. 

Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.

O xurado, que decidiu os textos gañadores, estivo formado por Amadora Taracido Lago, Covadonga Dopico Cachán, Ana María Fernández-Noriega Fernández e Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Agradecemos a motivación de todos os xóvenes escritores e escritoras que nos enviaron os seus textos, así como a implicación do profesorado para que a mocidade participe na Cultura”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura. 

0.15034890174866