Fala-me fusionará en Ribadeo cabaré coa música, danza e cultura tradicional
AMariñaXa
O Concello de Ribadeo acolle o espectáculo Fala-me, unha fusión do cabaré coa música, danza e cultura tradicional
11 Abr 2022
O Concello de Ribadeo acolle o espectáculo Fala-me, unha fusión do cabaré coa música, danza e cultura tradicional, cun fío condutor arredor da língua e o apoderamento.
Será no auditorio Hernán Naval o sábado 16 de abril ás 20.00 horas a cargo de Nelson Quinteiro e un magnífico elenco de bailadores cabareteiros, actores e actrices e músicos.
Contará con instrumentos e máscaras ancestrais, himnos, fetichismo, sensualidade e provocación na poesía tradicional e promete ser unha experiencia emotiva, cómica, festiva, visual, plástica e rachadora a partes iguais.