Faino por amor, é a última campaña de Merluza de Burela para as familias

AMariñaXa
Faino por amor, é a última campaña de Merluza de Burela para as familias .“A quen amas de verdade, queres darlle o bo de verdade”.
merluza burela faino por amor
13 Nov 2022

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela elixiu Castela e  León para o lanzamento desta campaña ao tratarse dun mercado de  proximidade para as súas marcas. Alí sae á rúa a última campaña de ‘Merluza  D& Burela’ co propósito de namorar aos consumidores co seu novo enfoque:  “A quen amas de verdade, queres darlle o bo de verdade”. 

Por iso durante as últimas semanas as principais cidades desta comunidade  autónoma enchéronse de mensaxes apetitosas e saudables como “Faino por  amor” ou “Aliméntaos con amor”, xa que o público obxectivo da campaña son as familias con nenos. Así se reforzan as súas mensaxes clásicas de  calidade do produto, saúde da dieta atlántica e sustentabilidade pola súa  arte de pesca con anzol peza a peza.

E ademais faio utilizando medios ecolóxicos no seu lanzamento, xa que sae  “literalmente” á rúa sobre bicicletas con mupis que percorren as principais  rúas, prazas e zonas de lecer familiares de Castela e León con mensaxes  directas e visuais dirixidas aos adultos, pero centradas na dieta dos máis  pequenos da casa. 

“Trátase de achegar a marca Merluza D& Burela ás nais e pais para que,  ademais do sabor e a saúde, descubran a importancia de facer as cousas  dunha forma tradicional e sostible”, defenden desde a OPP-7. 

A campaña utiliza as rúas como gran escaparate, con accións de 'street  márketing', cartelería, mupis e circuítos dixitais na internet; con imaxes de  receitas sinxelas e saborosas de pescada do pincho, presentadas nunha vaixela especial en forma de corazón que conecta co lema da campaña  “Faino por amor”. 

Esta campaña da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela  inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en  colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de  Galicia e o FEMP.

merluza burela faino por amor 1
0.17577695846558