Éxito na XXIII Festa da Merluza do Pincho de Celeiro

AMariñaXa
O sábado 16 de xullo celebrarase en Celeiro, a XXIII Festa da Merluza do Pincho, unha cita imprescindible na época estival.
Festa da Merluza do Pincho de Celeiro 2022 (7)
17 Jul 2022

Viveiro celebrou este sábado unha nova edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro co apoio da Deputación de Lugo. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita xunto á alcaldesa e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro. 

A institución provincial achega 3.000€ para este evento, celebrado na carpa instalada polo Concello viveirense para acoller a todas as persoas que quixeron probar o produto. A Asociación Cultural e Deportiva Penalba, xunto ao Concello de Viveiro, é a encargada de organizar esta festa, que contribúe a promocionar a riqueza gastronómica da comarca da Mariña e do conxunto da provincia. 

A xornada, declarada de Interese Turístico de Galicia, enxalza a Merluza do Pincho de Celeiro a través das nove preparacións ofrecidas nesta edición: Especial Penalba, en salsa verde, á galega, en salpicón, en caldeirada, en empanada, en pizza e chilindrines, uns snaks de merluza que foron a novidade.

A Deputada de Economía e Facenda felicitou á asociación organizadora, ao Concello e aos 60 voluntarios que participaron na preparación e reparto dos pratos, e destacou a importancia desta cita e da merluza, “un produto que crea emprego, que dinamiza a economía e que permite fixar e atraer poboación”.

0.16309905052185