Estrenouse o viodeclip Baiuca, rodado en Xove

AMariñaXa
Onte estrenouse Veleno, videoclip musical do grupo de música folktrónica Baiuca, que nesta ocasión estivo acompañado por Rodrigo Cuevas.
rodaxe viodeoclip baiuca xove
27 Mar 2021

Onte estrenouse Veleno, videoclip musical do grupo de música folktrónica Baiuca, que nesta ocasión estivo acompañado por Rodrigo Cuevas. O vídeo foi dirixido polo xovense Adrián Canoura.

O vídeo rodouse durante o mes de xaneiro en Xove, especialmente nas ruinas de San Tirso, na Parroquia de Portocelo. Entre as colaboracións, por parte xovense está o grupo Saiñas de Xove,  un de cuxos componentes, Uxío Dayán, aparece como bailarín. Tamén participou a xovense Nuria Lestegás como meiga 2.

Por outra banda, o Concello de Xove contribueu ao patrocinio deste vídeo cunha aportación de 1.800 euros, xa que se considerou que axuda a promocionar Xove no exterior, dado que se trata dun produto cultural con moita difusión a través das redes: youtube, instagram, Facebook, etc.

0.19618701934814