Estreitan lazos con Loktudi, a localidade bretoa en irmandade con Ribadeo
Cerca de corenta persoas de Loctudy/Loktudi, a localidade bretoa en irmandade con Ribadeo, visitarán Ribadeo entre os días 11 e 17 de setembro. A Asociación de Irmandade de Ribadeo acordou nunha reunión un amplo programa de actividades a desenvolver durante a súa estancia.
Entre elas figuran actuacións musicais, visitas na localidade e arredores, así como a Santiago de Compostela e á comarca dos Oscos e a Grandas de Salime. Tamén se procederá a inauguración dun espazo público que levará o nome de Loctudy, en lóxica compensación á inauguración nesa vila da rúa Ribadeo en xullo do ano pasado, así como á correspondente recepción oficial pola Corporación Municipal na Casa do Concello.
Ao igual que en veces anteriores, contarán co apoio de Concello de Ribadeo. As familias serán acollidas polas familias de Ribadeo que foron a Loctudi en xullo do pasado ano. Nestes momentos aínda hai posibilidades de incorporarse a estas actividades realizando a acollida de algunha dalgunha nova integración que visite a vila. Dende o colectivo invitan ás persoas interesadas a informarse contactando con algunha persoa da nosa asociación ou chamando ao 629 475 299.