Estes días xa quedou instalada a torreta no monte cervense da Escarabelada

AMariñaXa
Estes días xa quedou instalada a torreta no monte municipal da Escarabelada, no concello de Cervo que alimentará a empresa Vodafone
MONTE DA ESCARABELADA torreta internet
12 Apr 2023

O Concello de Cervo leva moito tempo traballando e barallando todo tipo de alternativas para poder despregar internet no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, unha zona do noso municipio que sofre aínda as consecuencias da fenda dixital ao carecer de cobertura.

Neste senso, estes días xa quedou instalada a torreta no monte municipal da Escarabelada, que alimentará a empresa Vodafone que resultou a adxudicataria da subvención posta en marcha pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Fegamp e os Concellos, para despregar redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados que carecen do servizo, como é o caso da parroquia de Sargadelos, que se verá beneficiada deste convenio.

Con esta actuación melloraranse as redes de telecomunicacións nesta contorna para  favorecer e facilitar a actividade no Centro de Emprendemento e Artesanía que alberga diferentes negocios para os que a conectividade resulta importante no día a día.

MONTE DA ESCARABELADA torreta internet

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20114398002625