Este verán volve a Ocioteca de Burela

AMariñaXa
Este verán volve a Ocioteca de Burela, que estará funcionando do 1 de xullo ao 24 de agosto, e na que poderán participar nenos empadroados
veran sol
9 Xuño 2022

Este verán volve a Ocioteca de Burela, que estará funcionando do 1 de xullo ao 24 de agosto, e na que poderán participar nenos empadroados no Concello que durante o curso escolar 2021/2022 cursaran Infantil ou Primaria. 

As fichas de inscrición e demais documentación xustificativa entregaranse no Concello dos días 9 ao 13 de xuño na oficina de Gaia situada na praza de Abastos, antiga Capitanía Marítima.

O 15 de xuño farase pública a lista de admitidos no Concello e na súa páxina web e o 1 de xullo comezarán as actividades que se prolongarán ata o 30 de agosto. No caso de haber máis solicitudes que prazas realizarase un listado de reserva por sorteo que se levará a cabo o 17 de xuño .

As actividades levaranse a cabo no CEIP Virxe do Carmen de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.30 horas. Haberá un máximo de prazas para asegurar o correcto funcionamento dos grupos. O grupo de Infantil contará con 50 prazas e o de Primaria tamén con 25 prazas.

Para máis información sobre a Ocioteca haberá que chamar aos teléfono 982 580 867 ou 647 136 673 ou no correo gaia@burela.org. Tamén se pode descargar a folla de inscrición aquí.

0.091868877410889