Este verán si haberá Festa dos Chóferes de Alfoz
AMariñaXa
Alfoz prepara unha das principais citas do verán, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acodir centos de vehículos para recibir as bendicións
10 Jul 2021
O Concello de Alfoz prepara unha das principais citas do seu verán, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acodir centos de vehículos de todo tipo para recibir as bendicións dos párrocos.
A cita terá lugar os vindeiros 30 e 31 de xullo e 1 de agosto e aínda que o programa de festas non está confirmado, noutras ocasións houbo un festival de música vocal, unha festa adicada á xuventude, unha gran sardiñada, xogos populares para os nenos, e un triangular de fútbol.
O que si se sabe e que contará por suposto coa procesión dos coches polas parroquias do concello para asistir á misa solemne, trala que o párroco bendecirá os automóbiles desprazados. Os mellor engalanados recibirán premio.