Este verán chegan a Burela as actividades ao aire libre
AMariñaXa
Este verán chegan a Burela as actividades ao aire libre como sendeirismo e de cardio fit que serán desde xullo a setembro.
18 Jun 2021
Este verán chegan a Burela as actividades ao aire libre como sendeirismo e de cardio fit que serán desde xullo a setembro. Este programa de actividades activas comezará os martes na praza do Concello ás 20.30 horas con cardio fit, unha actividades gratuíta a cargo de Belinda Canoura do ximnasio Hawk.
Xa os días 17 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro haberá rutas de sendeirismo por Burela. Para participar haberá que apuntarse na casa da xuventude ou chamando ao 982 581 141.