Este venres chega a Feira de Primavera Xove de Viveiro
O espazo xove de Viveiro prepara un plan especial para o venres 21 de maio no que chegará a Feira de Primavera Xove con charlas presenciais e en liña, ademais de obradoiros durante toda a xornada.
Comezará coa presentación dos programas de xuventude por parte dos técnicos da rede galega de dinamización xuvenil e coa presenza da técnica da omix do Concello de Viveiro.
A seguinte charla ás 12.00 horas, Por un Viveiro sostible, estará a cargo do viveirense creativo Lucas Requejo Fernández, delegado en Galicia da fundación Ecotur, e a seguinte será ás 13.30 horas con Nacho Fernández Lage, pioneiro no mundo do surf da costa lucense e actualmente inmerso nun proxecto de emprendemento relacionado co turismo sostible.
Pola tarde poderase optar a facer unha chea de obradorios que inclúen baile moderno e hip- hop ás 15.30 horas con Elsa Palacios da academia de danza chassé, iniciación e orientación con Roqsport ás 16.30 horas, iniciación ao mundo do surf con Nacho Fernandez Lage ás 16.30 horas, un obradoiro de música, Quero ser dj, con Karras Martinez ás 18.00 horase para rematar un obradoiro de solucións colaborativas a cargo de Lucas Requejo é a asociación Pratodo ás 19.30 horas.
Durante a xornada haberá unha carpa de información xuvenil na que se informará dos programas e onde haberá sorpresas para os participantes e interesados de Viveiro.
Para participar é necesario a previa inscrición. As prazas son limitadas para garantir todas as medidas de seguridade e prevención polo que se adxudacarán por rigurosa orde de inscrición.
Calquera cuestión ou dúbida haberá que chamar ao 982 56 03 94 ou escribir ao espazoxoveviveiro.xuventude@xunta.gal.