Este venres chega a Burela a obra Lara Hierro

AMariñaXa
O venres 29 de abril a casa da cultura de Burela acollerá ás 21.00 horas a estrea de Lara Hierro, un espectáculo multidisciplinar
programa venres 1
27 Apr 2022

A Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela lembra que este venres 29 de abril a Casa da Cultura acollerá “Lara Hierro” ás 21 horas, con Clara Ferrao, Constance Hurlé e Esperanza Mara.

Un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración millenial. Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.

Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración. 

Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falamos son a danza, a palabra, a música e a imaxe audiovisual.

0.1782648563385