Este venres 21 remata o prazo para pedir as árbores froiteiras de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo lembra que o próximo venres 21 de xaneiro remata o prazo para participar no pedido conxunto de árbores froiteiras
plantacion arbores Cervo 2021
18 Xan 2022

O Concello de Cervo lembra á veciñanza que  o próximo venres 21 de xaneiro remata o prazo para participar no pedido conxunto de árbores froiteiras, que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente dirixida por Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos están a disposición das persoas interesadas ata este venres, no Rexistro do Concello de Cervo.

0.20480298995972