Este venres, 21 de abril, será o acto de descubrimento dos cadros que reproducen as imaxes dos alcaldes de Ribadeo
No Concello terá lugar este venres, 21 de abril, o acto de descubrimento dos cadros que reproducen as imaxes das dez persoas que ocuparon a Alcaldía de Ribadeo nos diferentes períodos dos mandatos democráticos contemporáneos desde as primeiras eleccións municipais no ano 1979.
Estas obras foron realizadas e entregadas de xeito altruísta ao Concello por Concepción Millán Martínez.
Os traballos estarán colgados no primeiro andar do Pazo de Ibáñez para a súa permanente exhibición, ao igual que se fai noutras administracións públicas.
O acto está convocado para o venres ás 17:00 horas. Ao mesmo están convidados os alcaldes e os familiares dos rexedores xa falecidos.
Rexedores desde 1979
1- MARIO MEIRA GONZÁLEZ 1979-1980
2.-JOSÉ FOJO BARCIA 1980-1981
3.-ANTONIO MARTÍNEZ LOPEZ 1981-1983
4.- JAIME VIDAURRAZAGA URBIETA 1983
5.- JOSÉ RAMÓN COCIÑA GARCÍA 1983-1985
6.- JOSE LUIS TRASHORRAS MÉNDEZ 1985-1987
7.- EDUARDO GUTIERREZ FERNÁNDEZ 1987-1995
8.-JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ ANDINA 1995-2003
9.-BALBINO PEREZ VACAS 2003-2007
10.-FERNANDO SUÁREZ BARCIA 2007-2023