Este venres 17 celébrase a III Gala do emprendemento local de Xove

AMariñaXa
Este venres 17 celébrase a III Gala do emprendemento local de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
emprendemento gala xove
14 Dec 2021

Este venres 17 de decembro celébrase a III Gala do emprendemento local no Concello de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local, no Salón de Actos municipal ás 20:30 o Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa presentará a Gala na que intervirán Lucía Canoura de O Lugar das Marías. e Alberto García de Signo Grupo Futures.

Acompañaranos a cantautora Ugía (A Pedreira) que, ademais de cantar a canción Tristrás, que a fixo televisivamente coñecida a cantora Sabela en OT, interpretará novas de recente composición. A artista focense afincada actualmente en Asturias está a piques de editar o seu novo álbum de

spois de 7 anos apartada do circuíto convencional da música. Chámase Segmento Cantábrico e é unha oda aos pobos, ou ás casas que a acollen nestes anos atrás: A Mariña, Asturias, Eskadi e a Bretagne (Francia)

Para asistir á a este evento, poderase facer a reserva no 982 592 001, tamén se reservará un mínimo do 10% das prazas para asignar no momento do evento por orde de entrada.

gala emprendemento xove 2021
0.27406883239746