Este venres 16 terá lugar en Barreiros o gran desfile de Entroido

AMariñaXa
O Entroido de Barreiros xa ten a súa programación e na que destaca o venres 24 o desfile no que se repartirán 1.000 euros en premios
barreiros Presentación desfile entroido 2024
barreiros Presentación desfile entroido 2024
15 Feb 2024

Este venres 16 de febreiro terá lugar en Barreiros o gran desfile de Entroido no que xa hai inscritos uns 400 participantes entre comparsas, grupos de adultos e infantís así coma parellas e disfraces individuais.

O desfile dará comezo ás 21.00 horas na Praza do Concello onde terá lugar a primeira exibición para continuar por rúa Vila; sentido Ribadeo, Estrada da Praia; Teleclub, e finalizando a carón do centro sociocultural onde os participantes farán a segunda e última exhibición.

Posterior ao desfile haberá festa amenizada por Dj Eventec a carón do centro sociocultural onde público e participantes poderán atopar postos de comida; Burguer Costa, Bocatería Anxo e Kebab Nena, así como colchoneta para a cativada. Ás 12 da noite daranse a coñecer ás e os gañadores entre os que se repartiran 1.000 euros en premios.

As inscricións están abertas ata ás 14:30 horas do día 16 e poderán formalizarse na Casa do Concello ou a través da web municipal www.concellodebarreiros.gal. A recollida dos dorsais farase tamén na Casa do Concello de 18.30 a 20.00 horas.

Na organización do desfile colaboran co Concello de Barreiros as comparsas locais Habelas Hainas e Os Macanudos.

0.11865305900574