Este sábado Xove celebra a entrada no outono

AMariñaXa
Este sábado día 9 Xove celebra a entrada no outono cun programa variado de actividades que dará comezo ás 11.00
xolda de outono aciam xove 1
6 Out 2021

Este sábado día 9 Xove celebra a entrada no outono cun programa variado de actividades que dará comezo ás 11.00 horas cunha exposición e mercado do comercio local.

Ás 13.00 horas serña a sesión vermú coa asociación cultural de baile Saiñas de Xove, e xa pola noite a actuación do grupo Vivarium.

Durante todo o día e en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas haberá inchables para os nenos e un obradoiro de tatuaxes no pavillón municipal do Concello.

Dende a organización lembran que haberá comida e cea coa pulpería Mario de Viveiro na carpa ubicada na praza do Concello.

xolda de outono aciam xove
0.16413712501526