Este sábado, teatro infantil en Burela

AMariñaXa
A compañía A Trastenda dos Contos presenta este sábado en Burela o espectáculo Unhas gafas como as do avó.
teatro gafas
24 Feb 2021

A compañía A Trastenda dos Contos presenta este sábado, 27 de febreiro, en Burela o espectáculo Unhas gafas como as do avó. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada é de 2’5 euros.

O espectáculo, representado por Gema Santos e Felipe Díaz (Caxoto), presenta unha montaxe onde se conxugan a lingua de signos e a lingua oral, dirixido a persoas xordas e oíntes, e os dous códigos conviven como iguais. Conta a historia de Laura, unha nena moi inquieta que todo o tempo anda á procura de aventuras que vivir. No xardín da súa casa xoga ao seu xogo favorito, xogar cos ollos abertos. Desta maneira pode explorar mundos lonxanos inimaxinables construídos desde a súa atolada imaxinación. Un día sente curiosidade polas gafas do seu avó e de como se verá a través delas e o que comeza sendo unha pequena trasnada acabar por converterse na maior de todas as aventuras.

Colaboran na organización deste evento a Delegación de Cultura do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, AGADIC, a Rede Galega de Teatros e Auditorios e o Xacobeo 2021.

0.19567489624023