Este sábado será o XI Encontro de Palilleiras de Xove

AMariñaXa
O Concello de Xove vén de comunicar quee stá aberto o prazo para inscribirse no XI Encontro de Palilleiras de Xove.
encontro palilleiras xove 2022 cartel
29 sep 2022

Este vindeiro sábado 1 de outubro Xove acollerá unha edición máis, a décimo primeira edición do seu Encontro de Palilleiras, esperando a chegada de 320 palilleiras de diferentes Concellos de Galicia e Asturias.  Tamén contarán con 18 postos de venda, onde participantes e visitantes poderán adquirir produtos relacionados con este mundo.

Como acto emotivo e especial reseñan que contarán cunha palilleira de 104 anos, que vai asistir ao Encontro coa Asociación “Tejiendo Sueños” de Viveiro. Esta palilleira é Isabel García Sierra e como din dende o Concello, "aínda só por vela, merece a pena de asistir a este Encontro".

encontro palilleiras xove 2022 cartel programa
0.086872816085815