Este sábado será o concerto de Milladoiro en Burela
O vindeiro sábado, 13 de maio, ás 20.30 horas no auditorio da casa da cultura de Burela, terá lugar a presentación do novo traballo do grupo Milladoiro, Atlántico.
Ao longo dos case 40 anos de historia do Grupo e dende os seus primeiros traballos discográficos e concertos, Milladoiro fixo unha constante referencia a Galicia e en particular no que á súa música tradicional se refire.
Referencia que queda patente nos títulos de moitos dos discos e temas, así como dos comentarios que os acompañan, que fai que a totalidade da súa obra estea adicada practicamente na súa integridade a Galicia e ás súas tradicións como se pon de manifesto en títulos como: “A Galicia de Maeloc”, “Galica no País das Maravillas”, “ Galicia No Tempo”, “Iacobus Magnus”, “Gallaecia Fulget” ...
O seu propio Nome “Milladoiro” e unha referencia inequívoca ao Camiño de Santiago e a Galicia, á nosa cultura e ao noso País, País que levou consigo ao longo dos seus concertos por todo o mundo.
Despois de 25 discos publicados, ademais de múltiples colaboracións en traballos doutros artistas internacionais, de 8 bandas sonoras para outros tantos filmes e máis de mil concertos ao longo e ancho de todo o mundo, o vindeiro sábado presentarán en Burela o último traballo discográfico realizado “ ATLÁNTICO”.
As entradas para o acto están en Ataquilla.com dende de 6 euros.