Este sábado será a Feira do Trece 2023 de Alfoz
A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, no Concello de Alfoz, celebrará o vindeiro sábado 17 de xuño no Lugar do Trece esta tradicional feira onde os asistentes poden adquirir produtos da zona ademais de obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú e xantar un menú típico.
A feira dará comezo coa apertura da feira de gando, maquinaria, artesanía, e produtos da zona. Acto seguido, ás 12.30 horas haberá unha batukada coa comparsa Os Fandangueiros, e xa ás 13.30 horas será a sesión vermú co Dúo Belinda e Conxuro Discomóbil. A continuación será o xantar cun mení típico.
Pola tarde haberá a entrega de premios da feira así como un sorteo de agasallos. Os trofeos para o concurso de gando son de para o lote máis numeroso de gando e cabalar, o mellor cabalo ou besta de montura, o mellor cabalo ou besta de tiro e a mellor vaca.
Ás 19.00 comezará un espectáculo de Duende Ecuestre, coa campiona de exhibición no campionato do mundo do cabalo pre sicab 2021, Sandra Borjas.
Xa pola noite será a cea e a verbena de novo con Dúo Belinda e Conxuro Discomóbil.