Este sábado comezan os eventos de Barreiros Feminino Plural cunha obra de teatro

AMariñaXa
Este sábado comezan os eventos que as áreas de igualdade e dinamización do Concello de Barreiros. Comcezará con teatro
teatro barreiros contra bullying 1
10 Nov 2021

Este sábado comezan os eventos que as áreas de igualdade e dinamización do Concello de Barreiros programou co obxectivo de visibilizar e desbotar da sociedade todo tipo de violencias así como conmemorar o 25N, Día internacional contra a violencia de xénero.

Para inaugurar o programa, Barreiros Feminino Plural, ninguén mellor que a AdaoemamAMariña (Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña), exemplos de superación diaria que representarán a obra de teatro contra o bullying Eres Único.

Será o sábado 13 de novembro ás 18.00 horas dende os Colexios Vellos de San Miguel.

teatro barreiros contra bullying
0.10446500778198