Este sábado celébrase o IX Festival Histórico Augas Santas de Barreiros
Este sábado, 3 de setembro, volve o Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros e que este ano chega a súa novena edición tralo seu aprazamento por mor das condicións metereolóxicas.
A festa comezará x apola mañá cun mercado de artesanía seguido por unha escenificación do Rei Silo e ás 13.00 horas será a misa solemne en honra a Santo Estevo.
Despois será a quenda da actuación de O Arco da Vella e Sons do Ermo, máis tarde haberá un espectáculo musical a cargo de Eventec que amenizará a xornada e dará paso ás vodas celtas e a queimada con conxuro.
Tamén haberá un xantar no que haberá costela de porco á grella con salsa de guacamole, chourizos e touciño, pan, viño, cerveza, refrescos, sobremesa, café e chupitos, e todo elo por 20 euros por persoa. Ademais pola noite contarán con sardiñada e a queimada.