Este sábado a música chega a Ribadeo da man de TéCanela e Los Jinetes del Trópico
O auditorio de Cabanela no Concello de Ribadeo acollerá o vindeiro 23 de xullo un concerto de TéCanela, un proxecto formado por Ariadna Rubio e Jano Fernández. Acto seguido será a quenda de Los Jinetes del Trópico.
Este espectáculo que será ás 21.30 horas poderíase definir como canción de autor combinando estilos como a rumba, o pop e o flamenco con altas doses de humor e a ironía máis afiada.
O dúo materializou a súa traxectoria musical co seu primeiro traballo Las caras del hilo, que levaron adiante grazas a unha exitosa campaña de crowfunding.
Contan con influencias domo Rozalén, El Niño de la Hipoteca o Antílopez, as súas cancións contan con colaboracións de músicos como Tomasito.
En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao auditorio municipal Hernán Naval.