Este sábado 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira Ambos Mundos en Cervo
AMariñaXa
Este próximo sábado 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira Ambos Mundos en Cervo, cun concerto gratuíto na praza dos Campos
20 Abr 2023
Este próximo sábado 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira Ambos Mundos en Cervo, cun concerto gratuíto na praza dos Campos, ás 22.30 horas
Roi Casal publicou o seu primeiro álbum en solitario, titulado Lendas Douradas, en novembro de 2008. En 2011 publicou Maxicamente vello, no que realiza unha interpretación da música galega dende unha visión contemporánea.
En 2014 publicou Donos do noso destino, co que emprendeu unha xira internacional por Suíza, Uruguai, Arxentina e Cuba. Neste mesmo ano recibe o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.
En 2016 publicou Son galego, Son cubano, froito do traballo conxunto durante case 2 anos con Xosé Neira Vilas.