Xove celebra unha nova edición da Festa do Percebe

AMariñaXa
O pregón correrá a cargo do conselleiro do Mar e ex alcalde de Cervo, Alfonso Villares
Festa-do-Percebe-de-Xove
18 Xul 2024

Desde o Concello de Xove anuncian que este sábado, a partir das 12.00 horas terá lugar na praza do Concello a XI Festa do Percebe.

A xornada vai estar amenizada pola Charanga Os Charangos e unha disco móbil, mentres que o pregón correrá a cargo do conselleiro do Mar, D. Alfonso Villares.

Desde o Goberno local animan a todas as persoas a participar desta festa, na que se poderá degustar, como prato principal, o percebe mariñao.

Esta festa gastronómica, que se celebra a mediados de xullo, cumpriu no ano 2022 a súa novena edición. Está organizada pola Asociación de Festexos A Medorra e o Concello de Xove, e reparte en cada edición máis de 1.500 racións, ao redor de catrocentos quilos de marisco.

A conta en cada convocatoria cunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes procedentes dos cantís da Mariña e Ortegal. A festa comeza ao mediodía e dura toda a xornada, alternando distintas actividades como charangas, discoteca, actividades infantís, obradoiros e teatro.

0.19628000259399